Organización

Podemos naceu coa convicción de que o cambio é posible e coa seguridade de que non o traerán os demais partidos políticos (e aínda menos os que nos conduciron á situación actual), senón as persoas que traballan ou procuran traballo cada día e esixen, con toda lexitimidade, un futuro máis próspero e menos desigual para elas e para as súas familias.

Temos unha idea nítida de cales son os nosos problemas (políticas inxustas e ineficientes; institucións de todos ao servizo duns poucos; corrupción; desigualdade…) e de cales son as solucións: un goberno para a xente, responsable, solvente, independente e comprometido cos que desexan un futuro mellor.

Sempre soubemos que sería difícil, pero contamos co apoio e a experiencia de moitas persoas. No noso país abriuse a posibilidade do cambio político. Para logralo facemos falta todos, veñamos de onde veñamos, votáramos no pasado o que votáramos.

É agora. Si se pode. Podemos.

Como se organiza Podemos?

Asemblea Cidadá

A Asemblea Cidadá a conforma o conxunto da cidadanía inscrita en Podemos, actualmente en torno a 350 000 persoas. É o espazo onde se toman as grandes decisións (eleccións primarias, eleccións a cargos internos, estratexia política, programa…) e onde todos os inscritos participan de forma directa e igual con voz e voto. Os únicos requisitos para participar son: ser maior de dezaoito anos, comprometerse na construción de Podemos e aceptar o seu Código Ético.

Documentos aprobados na Asemblea Ciudadá de Vistalegre

Órganos

Noméase mediante elección directa en primarias abertas á cidadanía. Exerce a representación política e institucional de Podemos e asegura a coordinación entre as áreas executivas do Consello Cidadán, órgano que preside.
É un órgano executivo colexiado elixido mediante primarias abertas á cidadanía. Desenvolve as decisións adoptadas pola Asemblea Cidadá e mantén unha constante rendición de contas perante dita Asemblea e ante os círculos con mecanismos de participación directa.
.

Reglamento
É o órgano encargado de velar polo respecto aos dereitos dos inscritos en Podemos e polos principios fundamentais e as normas de funcionamento da organización. Está composta por membros elixidos de forma directa e independente en primarias abertas á cidadanía.

REGULAMENTO
CONTACTO

Círculos

Son agrupacións voluntarias e abertas de persoas que converxen a partir do seu interese polo cambio, e que se sustentan na democracia e na participación. Existen dous tipos de círculos: os territoriais, que pertencen a un territorio determinado, e os sectoriais, que traballan nun área programática ou categoría profesional. Posúen independencia organizativa sempre que se respecten os documentos aprobados pola Asemblea Cidadá. Calquera persoa pode poñer en marcha un círculo e solicitar a súa validación, non fai falta estar inscrito ou ser membro de Podemos.

Actualmente, os círculos atópanse en proceso de validación, segundo o documento organizativo aprobado na Asemblea Cidadá. En breve publicaremos o mapa dos círculos validados.

Validación dos Círculos

Consultas, protocolos e procedementos

ACCEDE
ACCEDE