CONSULTAS CIDADÁS

Unha forma de facer política implica que a Asemblea Cidadá sexa o máximo organismo de decisión en Podemos e, polo tanto, correspóndelle plena soberanía respecto a todas as cuestións de especial relevancia para o conxunto da organización.

Unha maneira de convocar á Asemblea Cidadá é a través destas Consultas Cidadás. Grazas a elas, todas as persoas inscritas en Podemos poden participar das decisións de especial relevancia no ámbito territorial.