En Podemos tomámonos os nosos mecanismos de financiamento e transparencia coma unha cuestión política de máxima importancia porque consideramos que a independencia financeira e a transparencia nos partidos é unha condición necesaria para o perfecto funcionamento da democracia

Para poder financiarnos sen depender dos bancos nin dos poderes económicos, apostamos desde o inicio por desenvolver ferramentas de financiamento innovadoras e participantes inspiradas nos valores da economía colaborativa, de maneira que propoñemos que a cidadanía sexa copartícipe do financiamento dos proxectos. Estas ferramentas son as colaboracións, os crowdfunding e os microcréditos.

Para non cometer os erros do pasado é imprescindible facer as cousas de forma diferente. Temos o firme compromiso de non depender dos bancos nin dos poderes económicos. Por iso, desde o noso nacemento foi unha prioridade ampliar ao máximo a base de doadores e colaboradores, polo que estabelecemos límites ás doazóns máis esixentes que os que determina a Lei.

Ingresos

En podemos practicamos a transparencia que queremos ver nas institucións. Obrigándonos a amosar que nos gastamos ata o último euro. Nos nosos estatutos comprometémonos a publicar as nosas contas de forma trimestral e a presentalas de forma accesible e comprensible. No noso Portal de Transparencia incluiremos o detalle e a factura de cada gasto.

Transparencia

Colaboración periódica

Desde 5€/mes

Colabora

Crowdfunding

Colabora en proxectos concretos

Crowdfunding

Microcréditos

Financia a campaña

Microcréditos

Tenda

Bandeirolas, roupa, libros, accesorios

Tenda