Coñece os proxectos premiados da segunda edición de IMPULSA

Visualiza os proxectos
Visualiza os proxectos

Que é IMPULSA?

IMPULSA nace para facilitar o desenvolvemento de proxectos emprendedores con proxección social. O apoio ofrecido desde Podemos consiste nunha dotación económica para os proxectos máis votados pola xente e na posibilidade de utilizar o Banco de Talentos de Podemos para así abrir os seus proxectos a novos colaboradores, especialmente a aqueles cuxas habilidades son máis necesarias. A dotación económica do proxecto IMPULSA procede do remanente dos cargos públicos electos de Podemos, quen, co compromiso de ser xente corrente e facer da política un servizo á sociedade, teñen un límite salarial, cuxo excedente financia ós proxectos gañadores. A existencia dun fondo común e dun sistema democrático, participativo e transparente de selección de proxectos permitirá evitar o desenvolvemento de vínculos entre os cargos públicos electos e as iniciativas concursantes que desvirtúen os obxectivos do proxecto.

Tes dúbidas?

O prazo para a presentación de proxectos finalizou. Se tiveres algunha dúbida podes consultar as PREGUNTAS FRECUENTES, se non atopas a resposta, entón escríbenos a proyectoimpulsa2@podemos.info

Primeira edición

Ver o listado dos proxectos gañadores da primeira edición