Participa

impulsa2

QUE É IMPULSA? IMPULSA nace para facilitar o desenvolvemento de proxectos emprendedores con proxección social. O apoio ofrecido desde Podemos consiste nunha dotación económica para os proxectos máis votados pola xente e na posibilidade de utilizar o Banco de Talentos de Podemos para así abrir os seus proxectos a novos colaboradores, especialmente a aqueles cuxas habilidades son máis necesarias. A dotación económica do proxecto IMPULSA procede do remanente dos cargos públicos electos de Podemos, quen, co compromiso de ser xente corrente e facer da política un servizo á sociedade, teñen un límite salarial, cuxo excedente financia ós proxectos gañadores. A existencia dun fondo común e dun sistema democrático, participativo e transparente de selección de proxectos permitirá evitar o desenvolvemento de vínculos entre os cargos públicos electos e as iniciativas concursantes que desvirtúen os obxectivos do proxecto. Pinche aquí para consultar IMPULSA

COÑECE OS PROXECTOS GAÑADORES!

Ferramentas de participación

Praza Podemos, o noso canle de Appgree e a aplicación Osoigo son algunhas das ferramentas que empregamos en Podemos para promover a participación entre os cidadáns, fomentando o debate e posibilitando o contacto dos nosos parlamentarios cos cidadáns a través de novas dinámicas baseadas no rendemento de contas.
Osoigo
Appgree
Plaza Podemos
As iniciativas cidadás son o mecanismo a través do cal as propostas que máis apoian os inscritos se poden levar á organización e defenderse o aceptarse a través da votación.
Iniciativas cidadás
Os equipos de Acción Participativa (EAP) son grupos territoriais de xente con ganas de participar en cuestións concretas e directas que requiren menor deliberación e implicación constante que a participación nos Círculos, quen ademais teñen competencias orgánicas.
Úneche!

Pregunta aos nosos candidatos/as en OsOigo.com

Participa en Appgree

Mapa de actividades

participacion@podemos.info
Contacta!