Primarias para las elecciones generales
Votación del 17 al 22 de julio en participa.podemos.info
Manuel Á. López Díaz
Biografía
Nacín en Outeiro de Rei (Lugo) no ano 1986. Vivín alí ata o 2004, cando cheguei a Compostela para facer a carreira de Xornalismo. Obtiven a licenciatura, cursei un Máster en Comunicación e Industrias Creativas e traballei en diferentes medios de comunicación galegos e asturianos. Ademais, teño experiencia como Community Manager. Participei en movementos sociais como o 15M, aportando o meu traballo e capacidades. Actualmente son membro do Consello Cidadán de Podemos Compostela, onde son responsable de Prensa e Redes; participo ademais no Círculo Podemos Compostela. Ademais, como xornalista considero de que é a hora de camiñar cara un cambio político profundo e iso pasa, entre outras cuestións, por reivindicar un xornalismo con maiúsculas, no que os intereses comerciais e partidistas deixen de estar por enriba da calidade da información e das condicións de traballo dos e das profesionais.
Motivación para presentarse
Quero seguir sendo parte do proceso de cambio que nos leve a recuperar o poder para o pobo; loitando contra as elites privilexiadas que queren sacrificar os dereitos da maioría polos beneficios dunha minoría; construíndo poder popular para derrotar aos que poñen as institucións ao servizo de redes clientelares e corruptas, mentres lle dan as costas á cidadanía. É a hora de que entre todas e todos defendamos a liberdade, a igualdade e a fraternidade, e busquemos a saída a este pesadelo oligárquico no que nos impoñen vivir.
Usuario Plaza Podemos: Manu_Lopez_



