Primarias para las elecciones generales
Votación del 17 al 22 de julio en participa.podemos.info
Jorge Gómez Crespo
Biografía
- Ourense, 1984. - Licenciado en Matemáticas, Máster e cursando un PhD - Considera que a democracia participativa rematará por imporse dentro de Podemos. - Abertamente en contra do reglamento aprobado para as primarias e decide concorrer para reflexalo nesta biografía e na motivación da candidatura. - Decide concorrer ao Senado porque permite que a xente elixa a outra xente que coñece ou da que ten oído falar, permitindo un elemento de cercanía entre os votantes e os representantes. - Denuncia que a circunscripción única, onde se elixe entre os candidatos e candidatas a conformar a lista para o Congreso, é un erro a hora de xestionar a evolución de Podemos dende o seu nacemento ata convertirse na forza política que todos queremos, representante dunha nova política da xente e para a xente, unha política inclusiva e que permite un estar sen ser, un colaborar sen acatar, e un querer conseguir sen un terse que vender. - Tamén porque considera que no Senado non se fai practicamente nada e precisa adicarlle máis tempo á súa tese. - Colabora activamente en Podemos tentando pacificarse e pacificar a outros podemitas descontentos co funcionamento do partido, cando se lle remata a paciencia tararea unha tonadilla. - Tralo fracaso desta candidatura o Senado seguirá mostrado paciencia e gañas de cambiar este chiringuito de poderosos, nun chiringuito de iguais ante a lei e o estado.
Motivación para presentarse
1- Considero que no Senado non se fai practicamente nada e preciso adicarlle máis tempo a miña tese doutoral. 2- Se entro a formar parte da cámara do Senado, doarei a Podemos a parte do meu soldo que sobrepase a cantidade marcada polos 3,5 salarios mínimos. As dietas e complementos (incluindo desplazamentos) doareinos integramente a causas sociais, principalmente cooperación e desenrolo co pobo Palestino e Saharaui. 3- Decido concorrer ao Senado porque o regulamento permite que a xente elixa a outra xente que coñece ou da que ten oído falar, permitindo un elemento de cercanía entre os votantes e os representantes. 4- A motivación máis importante e a de denunciar que a circunscripción única, onde se elixe entre os candidatos e candidatas a conformar a lista para o Congreso, é un erro a hora de xestionar a evolución de Podemos dende o seu nacemento ata convertirse na forza política que todos queremos, representante dunha nova política da xente e para a xente, unha política inclusiva e que permite un estar sen ser, un colaborar sen acatar, e un querer conseguir sen un terse que vender. PS: Xa que estamos, recordar que este ano é o centenario do xenocidio sufrido polo pobo armenio. O meu cariño e folgos para tódalas e tódolos armenios que agora se manifestan polos seus dereitos no centro de Erevan!!



