Primarias para las elecciones generales
Votación del 17 al 22 de julio en participa.podemos.info
Manuel Roel López
Biografía
De formación filólogo clásico, actualmente Xefe de Departamento de Latín do IES d'O Castro. Funcionario desde 1987 por oposición. Loitador antifranquista expedientado pola U. de Santiago en 1973. Activo na reconstrucción da CNT desde os anos do franquismo até mediados dos oitenta. Filólogo, tradutor e poeta en lingua galega. Son xente do común que traballo arreo no meu Círculo Vigo-Oeste e no meu traballo no ensino. Sen máis.
Motivación para presentarse
Penso que a xente do común, os que non somos dun aparato ou dunha facción, temos que empoderarnos e ser nós os que practiquemos a política que nos afecta. Penso o meu país en clave galega e penso que as candidaturas de Galicia deben ser galegas e de xente dos movementos sociais e dos círculos. Políticas dos de abaixo para os de abaixo no económico e no social. E unha nova pol´tica territorial cara o artellamento do estado nun modelo confederal. Intentar que o Senado se convirta en camara territorial e deixe de ser cámara de segunda leitura. Defender as políticas de salvagarda do público e de control dos sectores económico vitais para Galicia no eido do agro, da industria e dos servizos. Luitar por unha Facenda Galega.
Usuario Plaza Podemos: XiaoRoel



