Primarias para las elecciones generales
Votación del 17 al 22 de julio en participa.podemos.info
Xosé Emilio Fariza Novoa
Biografía
Casado e pai de dúas fillas. Traballo dende 1992 no grupo de empresas de El Corte Inglés. Actualmente desempeño a función de Director de Axencia de Viaxes de El Corte Inglés, posto no que levo 11 anos. Anteriormente traballara como axudante de cociña, xefe de cociña e xefe de comedor en Pizza Hut. Se me tivera que definir, diría que son una persoa na que se pode confiar.
Motivación para presentarse
Estamos a vivir un proceso histórico que pode mudar a maneira de facer política. Chegou o momento de comprometerse, chegou o momento da xente, e iso significa ca xente do común ten que participar. Para demostrar que vivimos realmente nun proceso de abaixo cara arriba, presento a miña candidatura ao Senado. E fágoo sen ningunha experiencia política, pero coa vontade de converter os desexos en realidades. Galicia non é allea a ese cambio que vén, e tampouco pode quedar fóra, por iso é preciso falar no seu nome. Que mellor maneira que facelo na que debería ser a cámara de representación territorial. Convertida por algúns nun cemiterio de dinosarios fosilizados, na procura dun retiro dourado. En canto de representar aos representados. Chegou o momento da xente, porque si se pode.
Usuario Plaza Podemos: XEFN@MUNDO-R.COM



