Primarias para las elecciones generales
Votación del 17 al 22 de julio en participa.podemos.info
Ana Vidal Sánchez
Biografía
Licenciada en Audiovisuais e Licenciada en Escultura en Belas Artes. Coordinadora e fundadora da Asociación Animalista Gato Pirata. Membro do Consello Cidadán Galego, área Dereito Animal. Deseñadora gráfica web e docente de aplicacións informáticas.
Motivación para presentarse
Neste proceso de cambio, debemos chegar a todas as institucións para acadar un verdadeiro proceso de renovación e empoderamento cidadán. Se queremos ser unha ferramenta para a cidadanía, debemos participar nos procesos de eleccións e asaltar ás institucións. O Senado ten competencias para opoñer o seu veto ou introducir emendas aos textos lexislativos que lle sexan remitidos polo Congreso dos Deputados e debe deliberar sobre textos xa aprobados por ese órgano, polo que mentres existe a sensibilidade de que este órgano non debera existir, existe, e as funcións que lle corresponden deben ser desempeñadas con responsabilidade. O noso equipo proponse, comprometido, a levar a acabo ditas funcións ca seriedade requirida no caso de ser elixidos pola cidadanía. Moitos de vós coñecedes a miña traxectoria, e o meu compromiso para acadar unha lei estatal de protección animal finando así cas diferencias en dereitos civís que existen entre comunidades provocadas polas diferencias entre as leis de protección animal territoriais, e o traballo cos concellos para a correcta implantación da lei autonómica do 1993 de protección animal. Non se trata de facer campaña de que o maltrato animal está mal, iso xa o sabe todo o mundo, pero falta a conciencia das grandes perdas económicas que supón para as comunidades autónomas a desatención destas políticas, motivo polo cal sempre se deixa esta problemática en segundo plano, enganados polas institucións.
Usuario Plaza Podemos: AnaVidalS



